Afeni Shakur
Afeni Shakur, nacida o 10 de xaneiro de 1947 como Alice Faye Williams en Lumberton, Carolina do Norte foi unha importante figura do Partido Pantera Negra e nai do rapeiro Tupac Shakur.
O seu papel dentro da organización foi crucial, xa que fixo crer ao FBI, através de artigos na prensa interna dos Panteras Negras que estes xa non existÃan, mentres aumentaban o seu número de militantes e a súa capacidade de acción. Anos despois serÃa encarcerada por reter información en relación ao grupo "Pantera 21". Tamén serÃa xulgada pola planificación dun atentado, aÃnda que no xuÃzo, onde se defendeu a si mesma, non se atoparon probas para condenala.
Despois do nacemento do seu fillo Tupac casou con Mutulu Shakur e converteuse ao Islam. Mutulu coverterÃase no pai adoptivo de Tupac.
Tras a morte de Tupac Shakur en 1996 Afeni convertiuse na depositaria do seu legado musical e cultural. Para eses fins fundou en 1997 a Fundación Tupac Amaru Shakur, que inviste en programas dedicados á mocidade.